O antiguo alumnado que cursou estudos nos títulos propios da antigua Escola de Canteiros (canteiro/a de tres ano e maestro/a canteiro/a de cinco anos), poderá a través deste procedemento colectivo adaptado (do establecido para empresas) impulsado desde a Dirección Xeral de Formación Profesional, acreditar competencias profesionais da súa formación (de un a cinco cursos completados).
Para desenvolver a acreditación dos títulos propios emitidos pola antigua Escola de Canteiros, a dirección do actual CIFP de Cantería de Galicia, coordinou unha comisión integrada por persoal do centro que foi transferido e con ampla experiencia na antigua escola: Mª del Carmen Fernández Senra (na parte de traballo administrativo e de xestión) e os maestros canteiros Adrián Otero Chantada (docente de escultura na etapa anterior e actualmente) e Manuel Ángel Vidal Santos (labores de manexo de maquinaria e actualmente tamén desenvolve parte da docencia).
Cun só trámite administrativo cubrindo un sinselo formulario de representación dispoñible na web do actual CIFP de Cantería de Galicia (www.cifpcanteria.gal), acreditarán un mínimo de cinco unidades de competencia (un curso académico completado na Escola de Canteiros) e un máximo de quince os que completaran a formación de maestros canteiros. Non terán que aportar máis documentación que o formulario cuberto e asinado, ademais dunha fotocopia do DNI (enviando a acreditacion.cifp.canteria@edu.xunta.gal), xa que a documentación dos estudos cursados será validada directamente dende o centro integrado de formación profesional, a través dos informes emitidos pola comisión de avaliación.
Nesta liña, o alumnado que cursou tres anos completos (título de canteiro/a) obterá o certificado profesional IEXD0108_2 Elaboración da pedra natural (RD 1217/2009, de 17 de xullo, modificado polo RD 713/2011, de 20 de maio). O alumnado que acadara a titulación de maestro/a canteiro/a completará ademais as UCs correspondentes ao certificado profesional IEXD0209_2 Obras de artesanía e restauración en pedra natural (R.D. 713/2011, de 20 de maio).
Estas unidades de competencia correspóndense ás contidas nos módulos impartidos actualmente no ciclo medio de pedra natural do CIFP de Cantería, que poderán convalidarse segundo o disposto no artigo 14 e no Anexo IV do Real Decreto 1587/2011 de 4 de novembro, polo que se establece o Título de Técnico en Pedra Natural e se fixan as súas ensinanzas mínimas.
CIFP Cantería de Galicia
O 3 de agosto de 2023 publicouse no DOG o DECRETO 119/2023, do 20 de xullo, polo que se asume o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións, servizos e recursos persoais e materiais afectos á Escola de Canteiros de Poio prestados pola Deputación Provincial de Pontevedra e se acorda a súa transformación nun centro público docente dependente da Xunta de Galicia.
O 30 de agosto de 2024 publicouse no DOG o DECRETO 176/2024, do 8 de xullo, de creación do Centro Integrado de Formación Profesional de Cantería de Galicia. Este centro continúa coas ensinanzas tradicionais da escultura e cantería en pedra da antiga Escola de Canteiros de Poio. Esta formación non regrada transformouse nun ciclo formativo de grao medio, ciclo de pedra natural alta especialización en cantería, conducente a unha dobre titulación oficial en técnico medio de pedra natural e técnico de artes plásticas e deseño en reproducións artísticas en pedra. Ademais o centro ofrece actualmente tres ciclos formativos da familia profesional de edificación e obra civil, na que aspira a ser un referente na nosa comunidade autónoma: ciclo básico de reforma e mantemento de edificios, ciclo medio de construción e ciclo superior de proxectos de edificación
