A obra poderá verse, xunto co resto de pezas de fin de curso do alumnado, na exposición aberta ao público desde o vindeiro luns 23 de xuño ata o venres 13 de xullo de 9.00 a 14.00 horas.
O alumnado do plan vello da antiga Escola de Canteiros que este ano finaliza o seu último curso, traballou nunha reprodución a escala do Guernica de Picasso cunhas medidas aproximadas de dous metros de alto por case catro e medio de ancho e un peso total de 1.200 kg.
Colaborou tamén en partes do proceso o alumnado do novo ciclo de Pedra Natural alta especialización en cantería (ciclo único no territorio español que dá a substitución ao extinto título propio da Escola de Canteiros).
O proceso foi dirixido polo docente e mestre escultor, Adrián Otero Chantada, e polo oficial de maquinaria e docente de corte de pedra, Manuel Ángel Vidal Santos.
