O CIFP DE CANTERÍA ESPERTA INTERESE INTERNACIONAL

O empresario australiano William Treble, CEO de varias compañías vinculadas ao sector, coñeceu de primeira man o modelo formativo do Centro Integrado de Formación Profesional Cantería de Galicia.

Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Cantería de Galicia, con sede en Poio, espertou interese máis aló das fronteiras galegas e nacionais.

A directora xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, Eugenia Pérez, mantivo un encontro co empresario australiano William Treble, CEO de varias compañías vinculadas ao sector da cantería no seu país.

Treble estaba interesado en coñecer de primeira man o modelo formativo do CIFP Cantería de Poio, referente en Galicia neste oficio tradicional.

Pontevedra Viva: https://www.pontevedraviva.com/gl/xeral/cifp-canteria-poio-esperta-interese-internacional_517358_102.html

La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2026/05/16/empresario-australia-interesa-incorporar-titulados-canteria-poio-compania/0003_202605P16C2994.htm

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de Cookies, prema no link para máis info.

ACEPTAR
Aviso de cookies