A través do procedemento adaptado de acreditación colectiva por formación, o alumnado que cursou estudos nos títulos propios da antigua Escola de Canteiros (actual CIFP de Cantería de Galicia) poderá obter certificación de unidades de competencia en función dos anos cursados (de un a cinco anos completados). Só é preciso cubrir e asinar o formulario de representación, escanealo e envialo ao correo acreditacion.cifp.canteria@edu.xunta.gal xunto cunha fotocopia do DNI ou ben entregalo na conserxería do centro, para obter as certificacións profesionais correspondentes.
DESCARGAR FORMULARIO DE REPRESENTACIÓN
Cubrir, asinar, escanear e enviar por mail ou entregar en persona.
Información do proceso:
O procedemento de acreditación colectiva para o alumnado da antigua Escola de Canteiros, permitirá ao mesmo obter unidades de competencia (UCS) correspondentes aos módulos do ciclo formativo de pedra natural que se está impartindo actualmente no CIFP de Cantería:
• En función dos anos completos cursados na Escola de Canteiros, poderán certificarse dende un mínimo de cinco UCs ata quince UCs (cinco anos completos de formación: maestro/a canteiro/a).
• O alumnado que obtivera o título de canteiro/a completará UCs que darán lugar ao certificado profesional IEXD0108_2 Elaboración da pedra natural (RD 1217/2009, de 17 de julio, modificado por el RD 713/2011, de 20 de mayo).
• O alumnado que acadara a titulación de maestro/a canteiro/a completará ademais as UCs correspondentes ao certificado profesional IEXD0209_2 Obras de artesanía e restauración en pedra natural (R.D. 713/2011, de 20 de mayo).
Estas UCs poderán convalidarse polos módulos do ciclo formativo de grao medio de pedra natural segundo o disposto no artigo 14 e no Anexo IV do Real Decreto 1587/2011,de 4 de noviembre, por el que se establece el Título de Técnico en Piedra Natural y se fijan sus enseñanzas mínimas.
Resolución de dúbidas
Escribe as túas dúbidas ao correo acreditacion.cifp.canteria@edu.xunta.gal
Para acceder a este procedemento só tes que premer no seguinte enlace: Procedemento ARA.
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de Cookies, prema no link para máis info.
ACEPTAR