CS DE ORGANIZACIÓN E CONTROL DE OBRAS

CICLO FORMATIVO
Familia: Edificación e obra civil
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: Superior
Horas: 2000
Código:  D3EOC000300

Que se aprende a facer?

Organizar a pé de obra traballos de execución de edificación e obra civil, xestionando recursos, coordinando faenas e controlando unidades de obra realizadas, consonte as especificacións do proxecto, a planificación da obra, as instrucións recibidas, a normativa aplicable e as condicións establecidas en materia ambiental, de calidade, de seguridade e de saúde laboral.

En que ámbitos se traballa?

En pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, administracións públicas, estudos de arquitectura e enxeñaría, e consultoras.

Que ocupacións se desempeña?

Encargados/as e xefes/as de equipo en obras estruturais da construción, de obra de edificación en xeral, e de obras de rehabilitación e reforma en edificación; xefe/a de taller e/ou encargado/a de traballadores/as de acabamento de edificios; capataz en construción de edificios; encargado/a de obra civil en xeral, de movemento de terras, de firmes e pavimentos, e de obra civil en conducións e canalizacións; axudante de xefe/a de oficina técnica; axudante de planificador/ora; axudante de técnico/a de control de custos; técnico/a de control documental; especialista en implantacións.

Cales son os módulos?

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico superior en LOOIFP | Organización e control de obras de construción.

A que outro título se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de Cookies, prema no link para máis info.

ACEPTAR
Aviso de cookies