OBXECTIVOS XERAIS DO CICLO
Este ciclo continúa coas ensinanzas tradicionais do profesional da cantería, adaptando os seus contidos ás ensinanzas regladas integrando módulos do CM de Pedra Natural e dos módulos formativos do currículo básico das ensinanzas artísticas conducentes ao título de técnico en artes plásticas e deseño en reproduccións artísticas en pedra.
O alumnado que remate os tres anos correspondentes a este ciclo obterá unha dobre titulación:

A competencia xeral deste título consiste en extraer e elaborar pedra natural segundo as técnicas e os procesos establecidos, así como en colocala e restaurala, manexando e mantendo ferramentas e maquinaria, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade laboral e protección ambiental.
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade profesional como autónomas ou por conta allea en empresas xeralmente privadas, de tamaño pequeno, mediano ou grande, de pedra natural ou de construción. Así mesmo, poden exercer a súa actividade en talleres de carácter artesanal e artístico, e desenvolven funcións de carácter técnico, cumprindo ordes e logrando obxectivos marcados por persoal técnico dun nivel superior, de quen reciben instrucións e a quen informan.
Canteiro; operador de maquinaria de arranque e conformación de bloques; elaborador de cantaría; operador de maquinaria de control numérico de pedra natural; operador torneiro-fresador de pedra; operador de máquina cortadora de pedra natural; operador de máquinas para elaborar pezas; operador de máquina para labrar pedra; operador de máquina puidora de rochas; operador de máquina para tratamento superficial físico de pedra; tallista, labrador e fendedor de pedra natural; operador de tratamentos químicos para pedra; embalador, empaquetador e etiquetador; colocador de conxuntos artesanais de pedra natural; colocador de placas; colocador de fachadas ventiladas; puidor e abrilantador de chans; marmorista da construción; traballador cualificado en mantemento e restauración de pedra natural; traballador especialista na realización de patróns, moldes, modelos e maquetas para traballos de pedra natural.
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de Cookies, prema no link para máis info.
ACEPTAR