CM DUAL INTENSIVO DE CONSTRUCIÓN

CICLO FORMATIVO

Familia: Edificación e obra civil

Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MEOC01

Que se aprende a facer?

Executar obras de albanelaría e de formigón, cumprindo as condicións e os prazos establecidos, así como as prescricións de calidade, de seguridade e ambientais,organizando, controlando e valorando os traballos.

En que ámbitos se traballa?

Exércese a actividade no sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, e en Administracións públicas, por conta allea ou por conta propia,desenvolvendo traballos de albanelaría e/ou de formigón para a construción, a rehabilitación, o mantemento e a reforma en edificación e obra civil.

Que ocupacións se desempeñan?

Xefe/a de equipo de fábricas de albanelaría; xefe/a de equipo de albaneis de urbanización;xefe/a de equipo de encofrado; xefe/a de equipo de ferralla; xefe/a de taller de ferralla;xefe/a de equipo de albaneis de cubertas; xefe/a de equipo e/ou encargado/a de azulexadores/as e solladores/as; albanel; colocador/ora de ladrillo cara vista; colocador/ora de bloque prefabricado; albanel tabiqueiro; albanel de pedra de construción; cachoteiro/a;oficial de miras; albanel de urbanización; pavimentador/ora con lastros; pavimentador/ora con baldosas e lousas; pavimentador/ora á base de formigón; poceiro/a en redes de saneamento; encofrador/ora; encofrador/ora de edificación; encofrador/ora de obra civil;ferrallista; albanel de cubertas; tellador/ora; montador/ora de tella; operario/a de lousa;colocador/ora de lousa; montador/ora de cubertas de paneis e chapas; aplicador/ora de revestimentos continuos de fachadas; azulexador/ora sollador/ora; instalador/ora de sistemas de impermeabilización en edificios e obra civil; impermeabilizador/ora de terrazas.

Cales son os módulos?

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico en Construción.

A que outro título se opode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de Cookies, prema no link para máis info.

ACEPTAR
Aviso de cookies