CB REFORMA E MANTEMENTO DE EDIFICIOS

CICLO FORMATIVO
Familia: Edificación e obra civil
Sistema educativo: LOE
Grao: básico
Horas: 2000
Código: BEOC11
Documentación

Que se aprende a facer?

Realizar traballos auxiliares en obras de construción, de obra nova, rehabilitación e reforma, colaborando na execución de fábricas para revestir, na aplicación de revestimentos continuos e nos traballos de azulexado, pavimentación e pintura, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

En pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas á execución, á reforma e á rehabilitación de obras de edificación e urbanización, por conta allea.

Que ocupacións se desempeñan?

Operario/a de albanelaría básica; axudante de albanel; peón especializado; axudante en pavimentación para urbanización; axudante de solador/ora; axudante de azulexador/ora; axudante de esacaiolista; auxiliar de xeseiro/a; axudante de acabamentos; auxiliar de empapelador/ora; axudante de pintor/ora; axudante de revestimentos continuos; axudante de mantemento básico de edificios.

Cales son os módulos?

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico básico en Reforma e mantemento de edificios.

A que outro título se opode acceder?

Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:

  • Edificación e obra civil
  • Electricidade e electrónica
  • Fabricación mecánica
  • Informática e comunicacións
  • Instalación e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Marítimo-pesqueira
  • Transporte e mantemento de vehículos

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de Cookies, prema no link para máis info.

ACEPTAR
Aviso de cookies