
Realizar a perforación subterránea e a ceo aberto utilizando as técnicas, os medios e os recursos propios de perforación. Practicar voaduras de xeito simulado conforme as instrucións e a documentación técnica recibidas, preparando, cargando e iniciando os explosivos inertes. Realizar o sostemento en escavacións subterráneas preparando e colocando cadros, tesoiras, ancoraxes, porlóns de ancoraxe e demais sistemas para o efecto. Realizar a estabilización de noiros en escavacións a ceo aberto, preparando e colocando os sistemas para o efecto. Realizar proxeccións de formigóns aplicando as técnicas e os recursos necesarios. Practicar sondaxes, logo de preparar e acondicionar os equipamentos adecuados a cada operación. Recoller testemuñas e tomar mostras realizando ensaios e medicións xeotécnicas e hidroxeolóxicas in situ e no laboratorio. Montar e manter instalacións, máquinas e equipamentos realizando as operacións de verificación, axuste e substitución dos seus elementos, e restituír o seu funcionamento en condicións de calidade, seguridade e respecto polo ambiente. Realizar a escavación de espazos subterráneos utilizando os sistemas mecanizados de arranque selectivo do material, para a extracción de recursos minerais ou para a construción de obras subterráneas. Manexar maquinaria de escavación e de movemento de terras a ceo aberto seguindo as especificacións técnicas, en condicións de seguridade e eficiencia.
Este profesional exerce a súa actividade en empresas de extracción ou investigación mineira, hidroxeolóxica e xeotécnica, empresas construtoras, empresas de movemento de terras, consultorías xeotécnicas, e empresas de sondaxes, perforacións, escavacións e movementos de terra.
Mineiro/a; Condutor/a operador/a de maquinaria de movemento de terras, extracción e escavación; Condutor/a operador/a de pa cargadora de interior; Operador/a de maquinaria de perforación e escareado; Operador/a de maquinaria perforadora de pozos; Operador/a de maquinaria de arranque, rozadoras e cepillos. Artilleiro/a; Esteador/a; Barrenista; Picador/a de minas; Electromecánico/a de minas; Sondista de prospección mineira e xeotécnica; Técnico/a de prospeccións e sondaxes.

Título de Técnico en Escavacións e sondaxes.
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de Cookies, prema no link para máis info.
ACEPTAR