CIFP CANTERÍA

Rua Illa do Santo, 2. 36163 Boa Vista. Poio. Pontevedra. Como chegar | Chámanos por teléfonoMándanos un mail

UN POUCO DE HISTORIA

Nestes 46 anos dende a inaguración daEscola de Canteiros en 1979 ata hoxe pasaron moitas cousas…

Xaneiro de 1979
Creación
Nace a Escola de Canteiros

15 xaneiro de 1979: creación da Escola de Canteiros, adscrita ao Ministerio de Cultura.

Ano 1983
Deputación de Pontevedra
A Fundación

Creación por parte da Deputación de Pontevedra dunha fundación para xestionar a Escola. Esta ubícase nos locales do Monasterio de Poio cedidos polos RR.PP. Mercedarios.

Outubro de 2000
Inauguración
Nova Escola de Canteiros

O 13 de Outubro de 2000 inaugurouse a nova Escola de Canteiros en Boavista nos terreos cedidos pola Comunidade de Montes de San Salvador, con achegas das Consellerías de Industria e Cultura da Xunta de Galicia. O autor do proxecto é o arquitecto Enrique Barreiro Álvarez.

Agosto 2023
Xunta de Galicia
Centro Público Docente

O 3 de agosto de 2023 publicouse no DOG o DECRETO 119/2023, do 20 de xullo, polo que se asume o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións, servizos e recursos persoais e materiais afectos á Escola de Canteiros de Poio prestados pola Deputación Provincial de Pontevedra e se acorda a súa transformación nun centro público docente dependente da Xunta de Galicia.

Agosto 2023
CIFP
Centro Integrado de Formación Profesional de Cantería de Galicia.

O 30 de agosto de 2024 publicouse no DOG o DECRETO 176/2024, do 8 de xullo, de creación do Centro Integrado de Formación Profesional de Cantería de Galicia.

algunhas fotos

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de Cookies, prema no link para máis info.

ACEPTAR
Aviso de cookies